Categoría Televisión

Pois por iso, paspán

4 decembro, 2009 (16:00) | Cinema, Política audiovisual, Televisión | 5 comentarios

ondacurta_g"Por que se decide acabar con Cultur.gal se foi o máis grande éxito da "industria" cultural galega? Pois por iso, paspán. Porque foi un éxito". Dicíao hai unhas semanas Manuel Rivas nun magnífico artigo en El País. Róubolle a frase e aplícolla agora á Televisión de Galicia. Por que a televisión pública decide acabar con tres dos seus programas culturais, Miraxes, Libro aberto e Onda curta? Pois por iso, paspán: porque por culpa deles parecía unha televisión pública. Porque cumprían de sobra un dos obxectivos principais que deben ter os medios públicos de noso: dar a coñecer e promover a creación artística que se fai no país. Unha televisión pública defendendo valores culturais, onde tal se viu!

É especialmente cruel a fin do programa Onda curta, que durante os últimos anos fixo un esforzo valiosísimo de difusión do audiovisual galego. Coa adquisición dos dereitos de emisión dunha morea de curtametraxes e a súa posterior exhibición Onda curta deu un apoio impagábel aos novos creadores, e sobre todo na etapa dirixida por Carlos Meixide fíxoo cun espírito rigoroso e valente, aberto ás olladas menos convencionais e ás propostas que están en liña co cinema que hoxe en día se ve nos mellores festivais do mundo. Coa desaparición de Onda curta a TVG deixa de contribuír ao desenvolvemento de novas ideas e proxectos e renuncia a manterse ao tanto do que fan os nosos cineastas, algúns dos cales non han tardar en darnos grandísimas alegrías. Cando iso aconteza a TVG non poderá dicir "estivemos con eles desde o primeiro día"; deberán dicir máis ben "chegamos tarde, outra vez". Os que perden non son eles sós; perdemos todos, coma sempre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Carlos Luís Rodríguez contra Carlos Callón

21 outubro, 2009 (09:06) | Lingua, Prensa, Televisión | 31 comentarios

Acabo de ver a estarrecedora entrevista perpetrada o pasado luns por Carlos Luís Rodríguez contra Carlos Callón. Sentín vergoña; vergoña polo preguntador, claro está. O que fixo Carlos Luis Rodríguez é a negación do xornalismo, un atentado contra os principios elementais que deberan guiar unha televisión pública. Non lle nego a Carlos o seu dereito a exercer a profesión xornalística como mellor lle pete, nin lle nego o dereito (e mesmo a utilidade) de amosar contra Callón (dixen ben: "contra", non "con") un estilo duro e agresivo en lugar da xenerosa brandura que a outros lle dedica este homiño que sabe ben a quen lle reparte a pólvora e a quen as magnolias; o que me parece indignante é a súa pésima educación, o seu empeño ao longo de dez minutos de conversa por non deixar falar ao seu interlocutor, por dispararlle frases estúpidas sen outorgarlle o máis elemental dereito de réplica. Nun medio público debe haber espazo para todas as opinións que cumplan uns requisitos elementais; mais ceder espazo é moito máis que poñerlles unhas cadeiras aos convidados e darlles unha garrafiña de auga para que non pasen sede. É preciso permitir que se expresen con liberdade, que teñan un tempo razoábel para expresaren as súas ideas cunha mínima argumentación. Que haxa comunicación, en suma: que un fale e o outro escoite a súa mensaxe, e logo que discutan o que for preciso. O luns Carlos Luís Rodríguez substituiu o partido de tenis dialéctico polo tiro con arco: o único que importaba era o ruído das frechas. Gañou Carlos Callón, que exerceu con abraiante serenidade de diana. Agardo que o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia tamén se pronuncie, e con razón, sobre este tema: o honor da profesión queda máis lixado polo mal comportamento dun dos membros da tribo que polos berros dun manifestante airado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

París #1 en “Onda curta”

26 setembro, 2009 (21:00) | Cinema, Directores, Filmes, Televisión | 2 comentarios

Xa está colgado na rede o programa Onda curta desta semana coa emisión do maxistral filme de Oliver Laxe París #1. Bo proveito!


Imaxes gravadas durante o Indielisboa 2009
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Os Mestre Mateo

4 maio, 2009 (15:35) | Cinema, Televisión | 2 comentarios

A noite do luns 16 de marzo Marcos Nine e un servidor quedamos nunha cervexería da Gaiteira para tomarlle algo e arranxar o mundo, cousa que facemos de cando en cando. As candidaturas aos Mestre Mateo anunciáranse uns días antes e acordamos facer unha aposta sobre os mesmos, cunha botella de licor café como premio para o que adiviñase máis gañadores. Onte fixen o reconto final, que deu como vencedor da aposta a Marcos Nine por un axustado 17-16; pagar pagarei eu a botella, mais beber beberémola xuntos.

Na maior parte das categorías que acertamos coincidimos nas nosas prediccións, que no meu caso en raras ocasións cadraban coas miñas preferencias. Tiñamos claro que o mellor filme sería Los muertos van deprisa, a mellor serie Padre Casares, o mellor programa Hai que mollarse, o mellor documental o de Manuel Abad, Flores tristes, e a mellor obra experimental NEMO. O día da gala eu estaba en Lisboa; antes de meterme no cine para ver Ruínas de Manuel Mozos xa recibira vía SMS as primeiras noticias ("Oliver non gañou" e logo un "Ángel tampouco"). Ao saír do filme tiña no móbil máis mensaxes. Unha dicía "Belén gañou". A seguinte engadía máis información: "Magnífica a intervención d Belén Regueira nos Mestre Mateo! É unha gloria termos voces libres e tan valentes!". Non foi até hai pouco máis dunha hora que puiden ver grazas a Berto a memorábel intervención da miña xefa no Extrarradio. Esta:

Que grande es, Belén! Foi un dos dous momentos xeniais da noite. O outro foi o premio para Flocos.tv, coa Navalla Suíza case ao completo e a presenza de Manolo González, un bo tipo ao que habemos botar moito en falta os próximos catro anos, xa verán:

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Finalistas dos VII Premios Mestre Mateo

12 marzo, 2009 (15:19) | Cinema, Premios, Televisión | 2 comentarios

MELLOR LONGAMETRAXE
A NOITE QUE DEIXOU DE CHOVER DE PERRO VERDE FILMS, IROKO FILMS
OS MORTOS VAN Á PRESA DE ARTEMÁTICA, PERRO VERDE FILMS, SEMPRECINEMA PRODUCCIÓNS, VOZ AUDIOVISUAL, RESONANCIA POSTPRODUCCIÓN ROSP CORUNNA, PARTICIPACIONES EMPRESARIALES, CINEMATÓGRAFO FILMS [Trailer]
PRADOLONGO DE VÍA LÁCTEA FILMS [Trailer]
UN CUENTO PARA OLIVIA DE XAMALÚ FILMS

MELLOR LONGAMETRAXE DE ANIMACIÓN
A CRISE CARNÍVORA, DE CONTINENTAL PRODUCCIONES, ABRAKAN ESTUDIO, SEMPRECINEMA DREAM
O ESPÍRITO DO BOSQUE DE DYGRA FILMS [Trailer]
PÉREZ 2, O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS DE FILMAX ANIMATION [Trailer]

MELLOR LONGAMETRAXE DOCUMENTAL
ELOXIO DA DISTANCIA, DE BREIN ENTERTAINMENT [Trailer]
FLORES TRISTES DE FORMATEO, PÓRTICO DE COMUNICACIONES, TIC TAC PRODUCCIONES [Trailer]
MALTA RADIO DE DOS TREINTA Y CINCO PC, SOCARRAT, MEDIAGRAMA, M.MENCHÓN
MANUEL E ELISA DE TIC TAC PRODUCCIONES, TVG [Trailer]

MELLOR PELÍCULA PARA TV
A MARIÑEIRA DE FICCIÓN PRODUCCIONES, DIAGONAL TV, TELEVISIÓN DE GALICIA, TELEVISIÓN DE CATALUNYA [Trailer]
LA BELLA OTERO DE ZENIT TELEVISIÓN, JCC, GESTMUSIC
O ESPELLO DE CONTINENTAL PRODUCCIONES, OBERÓN CINEMATOGRÁFICA
O TESOURO DE VACA FILMS, ESTRATEGIA AUDIOVISUAL, MORENA FILMS, LOMA BLANCA, EN COPRODUCIÓN CON CANAL SUR, TVG, TVC

MELLOR PROGRAMA DE TV
CIFRAS E LETRAS DE CENTROÑA PRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS, CTV
CRIATURAS DE PÓRTICO DE COMUNICACIONES
HAI QUE MOLLARSE DE BREN ENTERTAINMENT
LARPEIROS DE PRODUCTORA FARO

MELLOR SERIE DE TV
AIR GALICIA DE CTV, PRODUCCIÓNS ZOPILOTE
OS ATLÁNTICOS DE FILMANOVA
PADRE CASARES DE VOZ AUDIOVISUAL
TERRAS DE ACOLÁ DE PRODUCTORA FARO

MELLOR DOCUMENTAL
AFRANIO DE ALÉN FILMS, TVG [Trailer]
CASÓN 1987 DE FILMANOVA
OS NENOS DE MARÍA SOLIÑA DE ALÉN FILMS
VIVIR A DESTEMPO DE ADIVINA PRODUCCIONES

MELLOR OBRA EXPERIMENTAL
NEMO, NOVO ENTRETEMENTO MÓBIL DE ALÉN FILMS
PARIS #1 DE OLIVER LAXE
SIN SALIDA (NO WAY OUT) DE ANDRÉS VICTORERO REY
SOIDADE ^3 DE MARCOS NINE

MELLOR OBRA INTERACTIVA
É O VERBO DE MR. MISTO FILMS
E. L. E. (EVENTO LIGADO Á EXTINCIÓN) DE CONTINENTAL PRODUCCIONES, ALIA 3D
FLOCOS.TV DE A NAVALLA SUIZA, AXENCIA AUDIOVISUAL GALEGA
PARQUES DE GALICIA, VOZ AUDIOVISUAL

MELLOR OBRA PUBLICITARIA
ARTESANÍA DE GALICIA DE LÚA FILMS IACE
CAMPAÑA ESTRELLA GALICIA ROBER BODEGAS DE MONDOTROPO
CAMPAÑA MOVISTAR NAVIDAD 08 DE DYGRA FILMS
SANTIAGO É GRANDE DE FICCIÓN PRODUCCIONES

MELLOR CURTAMETRAXE DE FICCIÓN
A PRINCESA ALEGRÍA DE FICCIÓN PRODUCCIONES
O CAZADOR DE ÁNGEL SANTOS (MATRIUSKA PRODUCCIONES)
MÍNIMO COMÚN MÚLTIPLO DE RUBÉN COCA [Ver en Flocos]
VELLAS DE CARLOS PRADO PAMPÍN [Ver en Flocos]

MELLOR CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN
A MIÑA CASA É UN INFERNO DE ALÉN FILMS
HOMELESS, SEN TEITO DE ALÉN FILMS
O PINTOR DE CEOS DE JORGE MORAIS VALLE
O SOLDADIÑO DE CHUMBO DE CONTINENTAL PRODUCCIONES, ALGARABÍA ANIMACIÓN

MELLOR DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN
ANA MÍGUEZ, ALFONSO BLANCO, POR PADRE CASARES
MAMEN QUINTAS, POR A MARIÑEIRA
MARÍA LIAÑO, POR OS MORTOS VAN Á PRESA
SUSANA PÉREZ, ZAIDA PORTOMEÑE, MARÍA SOTELO, MARA GONZÁLEZ, POR FLORES TRISTES

MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA
ALBERTO DÍAZ “BERTITXI”, POR PRADOLONGO
CARLOS VILAS, POR PADRE CASARES
SERGIO FRANCO RABUÑAL, POR LIBRO DE FAMILIA
SUSO BELLO, POR OS MORTOS VAN Á PRESA

MELLOR MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA
ANA MUÍÑO, FANI MOSQUERA, POR LIBRO DE FAMILIA
MARTA PRATS, TRINI F. SILVA, POR A MARIÑEIRA
NATALIA ARCAY, BEATRIZ VÁZQUEZ, NOELIA ARCAY, POR PADRE CASARES
RAQUEL FIDALGO, ROSANA TEIJEIRO, POR OS MORTOS VAN Á PRESA

MELLOR DESEÑO DE VESTIARIO
ANA LÓPEZ, POR A MARIÑEIRA
MARÍA FANDIÑO, POR LIBRO DE FAMILIA
RUTH DÍAZ, JULIA RODRÍGUEZ, POR PADRE CASARES
SATURNA, POR OS MORTOS VAN Á PRESA

MELLOR DIRECCIÓN ARTÍSTICA
CURRU GARABAL, POR A NOITE QUE DEIXOU DE CHOVER
INÉS RODRÍGUEZ, POR LIBRO DE FAMILIA
MARTA VILLAR, POR OS MORTOS VAN Á PRESA
SUSO MONTERO, POR FLORES TRISTES

MELLOR MONTAXE
GUILLERMO REPRESA, POR PRADOLONGO
JORGE COIRA, POR EL MENOR DE LOS MALES
MANU MAYO, POR UN CUENTO PARA OLIVIA
MERCEDES ALTÉD, POR OS MORTOS VAN Á PRESA

MELLOR SON
CARLOS FARUOLO, POR OS MORTOS VAN Á PRESA
CARLOS MOURIÑO, POR EL MENOR DE LOS MALES
RUBÉN BERMÚDEZ, VÍCTOR SEIXO, POR PADRE CASARES
SON DO TAGALEM, POR LIBRO DE FAMILIA

MELLOR GUIÓN
ALFONSO ZARAUZA, POR A NOITE QUE DEIXOU DE CHOVER
ÁNGEL DE LA CRUZ, POR OS MORTOS VAN Á PRESA
CARLOS ARES, XOSÉ CASTRO, ANDRÉS MAHÍA, POR AIR GALICIA
CARLOS PORTELA, VÍCTOR SIERRA, ARACELI G. CABRERA, GEMA R. NEIRA, LIDIA FRAGA, POR PADRE CASARES

MELLOR MÚSICA ORIXINAL
ARTURO KRESS, POR OS MORTOS VAN Á PRESA
MANUEL RIVEIRO, POR PADRE CASARES
PITI SANZ, IVÁN LAXE, POR A NOITE QUE DEIXOU DE CHOVER
ZELTIA MONTES, POR PRADOLONGO

MELLOR DIRECCIÓN
ALFONSO ZARAUZA, POR A NOITE QUE DEIXOU DE CHOVER
ÁNGEL DE LA CRUZ, POR OS MORTOS VAN Á PRESA
IGNACIO VILAR, POR PRADOLONGO
MARTA PIÑEIRO, POR LIBRO DE FAMILIA

MELLOR REALIZACIÓN
GISELLE LLANIO ROSABAL, POR LIBRO DE FAMILIA
JORGE COIRA, CARLOS SEDES, MANUEL ESPIÑEIRA, ALEX SAMPAYO, POR PADRE CASARES
JOSÉ VILLAVERDE, POR AIR GALICIA
XOSÉ ANTÓN MOURE, FRAN VELO, POR HAI QUE MOLLARSE

MELLOR COMUNICADOR DE TV
ALEJANDRO MACÍAS, POR CRIATURAS
BELÉN REGUEIRA, POR O PAÍS DOS ANANOS
TETÉ DELGADO, POR SON DE ESTRELAS 2
XOSÉ LOIS BERNAL LÓPEZ “FARRUCO”, POR VIVIR AQUÍ

MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA PROTAGONISTA
ANTONIO DURÁN “MORRIS”, POR PADRE CASARES
CHETE LERA, POR OS MORTOS VAN Á PRESA
LUIS TOSAR, POR A NOITE QUE DEIXOU DE CHOVER
PEDRO ALONSO, POR PADRE CASARES

MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA PROTAGONISTA
CAMILA BOSSA, POR A MARIÑEIRA
CARMEN MAURA, POR EL MENOR DE LOS MALES
NEUS ASENSI, POR OS MORTOS VAN Á PRESA
TAMARA CANOSA, POR PRADOLONGO

MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA DE REPARTO
ERNESTO CHAO, POR OS MORTOS VAN Á PRESA
ANTONIO DURÁN “MORRIS”, POR OS MORTOS VAN Á PRESA
XOSÉ MANUEL OLVEIRA “PICO”, POR OS MORTOS VAN Á PRESA
TUTO VÁZQUEZ, POR PADRE CASARES

MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA DE REPARTO
ROSA ÁLVAREZ, POR OS MORTOS VAN A PRESA
MARÍA CASTRO, POR OS MORTOS VAN Á PRESA
BELÉN CONSTENLA, POR OS MORTOS VAN Á PRESA
BERTA OJEA, POR OS MORTOS VAN Á PRESA

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Indielisboa 2008. Interludio fedorento

4 maio, 2008 (20:57) | Cinema, Festivais, Televisión | Sen comentarios

As imaxes máis repetidas nesta edición do Indielisboa foron os comerciais de Meo, o servizo integrado de teléfono, televisión e Internet de Portugal Telecom. Os anuncios están protagonizados por Tiago Dores, Miguel Góis, Ricardo de Araújo Pereira e Zé Diogo Quintela, os catro membros do grupo humorístico Gato Fedorento, moi populares no país irmán grazas aos seus programas na SIC Radical e na RTP. Na orixe de todo isto houbo un blog, un dos primeiros en lingua portuguesa de que tiven noticia, cuxo nome facía referencia á canción Smelly cat que cantaba na serie Friends o personaxe interpretado por Lisa Kudrow. Non seguín apenas o seu labor televisivo, mais agora que temos Youtube é un bo momento para revisar o seu humor politicamente incorrecto, do que non se libra nin o primeiro ministro José Sócrates.

Moi razoábeis os seus consellos para aqueles que desexen dedicarse á política:

Fronte o tópico do futebolista de capacidade expresiva moi limitada, o entrenador do Braga Manuel Machadês fala português a mais:

O Gato Fedorento súmase ao debate sobre a localización do futuro novo aeroporto de Lisboa. A solución: Bragança.

No especial de fin de ano Diz que é uma espécie de Réveillon aprendéronos a facer unha boa entrevista en apenas oito leccións:

Esa foi a súa última participación na RTP: Gato Fedorento volve no mes de outubro á SIC cun programa do que aínda non se coñecen detalles. Os fans -entre eles o irmán de xabre- poden entreter a espera visitando a web Vídeos fedorentos, que recolle unha morea de clipes do grupo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Martiño / Martín

26 xuño, 2007 (00:46) | A Coruña, Actores e actrices, Televisión | Sen comentarios

Un dos protagonistas da serie de Antena 3 El internado é un mozo galego chamado Martín Rivas. De pequeno os pais puxéronlle Martiño, pero agora é maior e decidiu que o nome artístico quedaba mellor desoutra maneira. Falou diso nunha entrevista en El País na que apunta a anécdota dos seus desencontros cos camareiros no Starbucks, frase que en verdade non é moi afortunada (o enfoque da reportaxe tampouco é precisamente o máis oportuno). Sobre o affaire Martiño/Martín escribe o columnista de prensa máis brillante do universo, un home sempre divertido e lúcido, máis aínda cando visita San Simón.

Non serei eu quen lle reproche a ninguén que se poña como pseudónimo Martin, á marxe de onde lle coloque o acento (é preferíbel no "a", como é ben sabido). A produción de Globomedia na que traballa Martiño/Martín Rivas está tendo un enorme éxito; el mesmo acadou xa unha certa sona e hai ducias de fans que queren falar con el polo messenger e que as visite se é que algún día pasa por Valencia. Eu case non vexo televisión na televisión, así que de El internado non tiña máis noticia que o que dá de si o zapping, pero hoxe levado pola curiosidade púxenme a ver anacos dun episodio en Internet. A experiencia serviume para constatar dúas cousas que realmente xa sabía. A primeira, que Luis Merlo é un gran actor e que Amparo Baró está sempre perfecta en calquera papel que lle boten. A segunda, que a serie esa non está feita para min, senón para o meu afillado, que vai na ESO e desfruta moitísimo con toda esa intriga boscosa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O cura de Xestoso

3 xuño, 2007 (20:42) | Directores, Televisión | Sen comentarios

Entre unha cousa e outra, esquecín anunciar no blog a emisión onte na TVG dun estupendo documental do amigo Marcos Nine, Historia dunha parroquia. Unha parroquia guiada con entusiasmo por un crego exemplar, Luis Ángel Rodríguez Patiño, noutrora chamado don Luis, hoxe universalmente coñecido como o cura de Xestoso, un home sabio e cheo de humor e retranca felizmente afastado das formalidades medievais dalgúns inquisidores pecha-igrexas.

Se teñen (outra) ocasión de ver o documental de Marcos, non o perdan. E se ven por aí adiante ao cura, déanlle os meus parabéns, que disque fixo hoxe cincuenta anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ground Control to Major Joan

13 xuño, 2006 (10:57) | Arte, Ciencia, Divulgación, Meter o zoco, Televisión | Sen comentarios

En 1997 o artista Joan Fontcuberta presentou na Fundación Arte e Tecnoloxía de Telefónica unha exposición sobre Ivan Istochnikov, un descoñecido cosmonauta ruso que desapareceu estrañamente no espacio xunto á cadela Kloka. Estamos en 1968, cos Estados Unidos e a URSS competindo por ver quen chega primeiro á Lúa. O 25 de outubro lánzase a cápsula Soyuz 2 na que viaxa Ivan Istochnikov; outra nave, a Soyuz 3 tripulada polo tenente coronel Giorgi Beregovoi, deberá facer o día seguinte unha manobra de ensamblaxe en órbita con aquela. Pero as cousas non saen como deben, e despois dun primeiro intento fallido as dúas naves fican distanciadas e perden o contacto entre si. Cando ao cabo dunhas poucas horas volven achegarse, descóbrese con horror que Ivan Istochnikov está desaparecido e que a súa cápsula amosa o impacto dun asteroide. Nada se soubo con certeza do que aconteceu: a porta fica aberta ao misterio. O aparato de governo soviético non estivo disposto a admitir o fracaso da misión e optou por unha solución xa ensaiada anteriormente: borrar todos os rexistros, mesmo fotográficos, que probasen a existencia do seu cosmonauta. Falou do tema o pasado domingo Iker Jiménez no seu (cada día máis involuntariamente cómico) programa de investigación paranormal Cuarto milenio. Poden velo aquí. Fáganme caso, é moi divertido.

Porque a historia de Ivan Istochnikov, tan fascinante, é absolutamente falsa. Unha creación xenial de Joan Fontcuberta. Do que se trataba na súa exposición era xustamente de reflexionar sobre a manipulación da información, ofrecéndolle aos visitantes unha historia inventada armada con probas fraudulentas, pero tamén cheas de referencias que podían revelar a verdade do asunto. O catálogo da exposición, por exemplo, tiña impreso en tinta fluorescente a frase "todo es ficción"; frase esta que tamén aparece na web. Algunhas das pezas eran delirantemente absurdas, como un fragmento "radiactivo" do suposto asteroide co que chocou a nave (participando da colosal broma no Planetario de Pamplona aconsellaban ás embarazadas non aproximarse á peza). Calquera visitante que se tomase a molestia de preguntar se todo aquilo era certo, acabaría por sabelo.

Conta Javier Armentia no seu blog que hai oito anos el e Jontcuberta comentaban entre risas que tarde ou cedo alguén acabaría dando por bo o conto e relatándoo nalgún medio todo cheo de razón. Foi Iker Jiménez, e non pode sorprendernos. Reúne as suficientes condicións de inxenuidade, estupidez ou cara dura como para crer ou facer que cre nesa e noutras moitas trapalladas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google