Sinais de vida

21 Outubro, 2010 (22:38) | Falar por falar

Isto é unha despedida e tamén é un saúdo. Xa non haberá máis días estranhos, e se miran cun pouco de atención notarán que empeza a haber sinais de vida. Algúns deses sinais equivalen a pequenos triunfos.

actualización: Ao blog DÍAS ESTRANHOS, que naceu alá por 2003 no portal Blogalia, púxenlle fin “oficialmente” o 21 de outubro de 2010. Trasladeino a Xornal de Galicia, onde viviu uns meses cun novo nome, SINAIS DE VIDA, até que os xestores do xornal decidiron acabar con el dunha maneira tan inmisericorde que nin sequera tiveron a decencia de manter os contidos publicados ao longo dos anos na edición dixital. Todo o que publiquei alá está gardado no blog que comparto con Xurxo González e José Manuel Sande, ACTO DE PRIMAVERA, que é onde sigo escribindo na actualidade.

Comentarios

Comment from opaco
Date: 21 Outubro 2010, 11:25 p.m.

na memoria do novo rss quedará a de días estranhos :)

Comment from Xabier
Date: 21 Outubro 2010, 11:49 p.m.

moi ben! é lei de vida! ;)

Comment from Alfredo Ferreiro
Date: 22 Outubro 2010, 12:56 a.m.

Boa sorte na nova andadura, compañeiro.

Comment from Dores
Date: 22 Outubro 2010, 10:25 a.m.

Mágoa … mais seguirémoste aló onde escribas. Que vaia ben!

Comment from Lizgairo
Date: 23 Outubro 2010, 4:52 p.m.

Que cante o melro nos novos tempos! Botábomoste moito en faLTA.Sorte e saúde

Comment from F. Míguez
Date: 24 Outubro 2010, 6:34 p.m.

Seguímolo na nova nave, Sr. Pawley.

Comment from Agrimensor
Date: 3 Novembro 2010, 2:37 p.m.

Haberá que arquivar como ouro en pano algúns post dos Dias Estranhos. E xa estamos preparados para seguir os Sinais de Vida coa mesma ansia. Boa travesía!

Comment from jorge
Date: 5 Novembro 2010, 3:08 p.m.

Vaia, eu que me pasei por aquí hoxe agardando un manifesto en defensa de Sánchez Dragó…

Saúde

Comment from ghanito
Date: 8 Novembro 2010, 12:18 a.m.

Por sorte, Martin Pawley é moito mais que días estranhos.

Vémonos.