Out of sight, out of mind
Out of sight, out of mind, música de Oscar Levant e letra de Dorothy Fields. Número musical do filme In person dirixido en 1935 por William A. Seiter e protagonizado por Ginger Rogers. Para que se vai mover a cámara se pode moverse a barra do bar?
Comentarios
Comment from Klaus Kinski
Date: 9 Setembro 2010, 9:54 p.m.
Una señorita que fuma! :O
Comment from homburg
Date: 10 Setembro 2010, 1:14 p.m.
‘In person’ coincidín onte con vostede na Seoane, mirando para as fotos de Antonioni e as de Molder. Tardei un pouco en identificalo, en saber de que me soaba. Pensei en achegarme e felicitalo persoalmente polo seu blog, este blog, pero logo optei por deixalo tranquilo. Agora espero a ver se hai un post comentando algunha cousa sobre o que viu. Un abrazo
Comment from Martin Pawley
Date: 11 Setembro 2010, 1:48 a.m.
E non coincidimos con ninguén máis, pois ninguén máis había. A próxima vez achéguese e saúde, aínda que non me felicite. Hei de voltar pola exposición de Antonioni, a de antonte foi unha visita rápida.
Comment from X
Date: 26 Setembro 2010, 12:52 p.m.
Ten un premio na Selva.
http://selvadeesmelle.blogspot.com/2010/09/o-sr.html
Saúdos.
Comment from jorge
Date: 16 Outubro 2010, 1:52 p.m.
Tamén é unha canción de Wilco, ou duas se son de ida e volta.
Saúdos dende o exilio…..












Comment from Martin Pawley
Date: 5 Setembro 2010, 12:06 a.m.
Esta é a clase de peli que o produtor Pandro S. Berman definía como «un deses filmes pequenos que non tardaban moito en rodarse (arredor de seis semanas) nos que a RKO metía a Ginger Rogers mentres Fred Astaire e Hermes Pan traballaban na coreografía da seguinte película da parella Rogers & Astaire».