O vídeo do «Desván de los Monjes»
Intervención do Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, para presentar en FITUR os paquetes turísticos das terras do Ulla e Tambre (mércores 20 de xaneiro de 2010). Imaxes obtidas do vídeo Magia y ocio en el Camino, descargado do sitio web Galicia, vén, siéntela

Lido na prensa: «Asimismo, se mostró crítico con los reproches vertidos desde el grupo parlamentario nacionalista y desmintió que hubiese cometido el desliz de aludir durante un acto en Fitur a la localidad de Sobrado dos Monxes con la traducción al castellano ‘Desván de los monjes’, como se apuntaba en algunos blogs de internet. «Hai que ser estúpido para crer que eu vou dicir Desván de los Monjes«, protestó, reclamando a la oposición que «deixe de buscar na basura de internet porque pode atopar cousas moi estrañas, como a noticia da miña dimisión» (El Correo Gallego, 24 de febreiro de 2010)
Comentarios
Comment from arale_norimaki
Date: 8 Marzo 2010, 12:46 a.m.
Moi moi pero que moi agradecida por esta xoia documental sobre a ilustradírma clase política galega, sr. Pawley
Comment from Kandpalleiro
Date: 8 Marzo 2010, 4:03 p.m.
Sinceiramente, non daba creto…aínda dubidei de si habería ‘dobraxe’…mais non; o conselleiro de cultura lé de seguido o documento sen a menor vacilación.
Un exemplo palmario de como sinten a Galicia os seus actuais gobernantes.
Comment from Chousa da Alcandra
Date: 8 Marzo 2010, 5:51 p.m.
Eu quedei pampo.
Fágome idea de como se sentirá a xente de Sobrado…
Comment from odemo
Date: 8 Marzo 2010, 7:40 p.m.
Vai-me permitir nom ser original e copiar e colar o mesmo comentário que enviei ao blogue e Alfaias:
«O do tradutor nom me convence de todo… sobrado=!desván O sobrado é o andar alto dumha casa de duas alturas, ou o piso de madeira (soalho). Estivem a procurar algum dicionário galego-espanhol, o simplesmente um galego (e tenho umha boa colecçom) no que se confunda faiado com sobrado e simplesmente nom há.
Acho que temos (nós, os galegos “que andamos en la basura de internet”, Varela dixit) que dar a máxima difusom possível da ineptitude do conselheiro, assim como da falsidade das suas palavras no parlamento.»
Nota: Agora mesmo umha das palavras que tenho que digitar no reCAPTCHA é «extradition». Já podia voltar Varela a EUA.
Pingback from O demo me leve » Roberto Varela e o “Desván de los Monjes”, as provas
Date: 2 Outubro 2010, 4:24 p.m.
[...] o exemplo de folerpa e de Pawley e quero dar difusom a este vergonhento vídeo do Conselheiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, [...]












Comment from Paseante
Date: 7 Marzo 2010, 10:42 p.m.
Xenial, señor Martin!