HAMMER!

16 Febreiro, 2010 (23:17) | Sen clasificar

A miña amiga Paula Gómez del Valle fixo este fermoso retrato de Barbara Hammer o pasado mes de outubro na Coruña, con ocasión da inesquecíbel visita da cineasta no marco da Mostra de Ciencia e Cinema. A imaxe aparece agora na contracapa do primeiro libro publicado pola directora de Bent time ou Tender fictions: HAMMER! Making Movies Out of Sex and Life, editado por The Feminist Press e que se presenta con este texto:

“HAMMER! is the first book by influential filmmaker Barbara Hammer, whose life and work have inspired a generation of queer, feminist, and avant-garde artists and filmmakers. The wild days of non-monogamy in the 1970s, the development of a queer aesthetic in the 1980s, the fight for visibility during the culture wars of the 1990s, her search for meaning as she contemplates mortality in the past ten years—HAMMER! includes texts from these periods, new writings, and fully contextualized film stills to create a memoir as innovative and disarming as her work has always been”.

Premendo nesta ligazón podedes descargar en PDF (730 KB) a introdución do volume, na que repasa a súa infancia e mocidade, o matrimonio temperán con Clayton Henry Ward, o descubrimento do cinema nas aulas de pintura de William Morehouse, a súa primeira relación cunha muller e a traumática enfermidade e morte da nai; e todo isto en apenas vinte frenéticas páxinas ilustradas con fotos do seu arquivo persoal. Non o vou negar: para min é moi emocionante ler nesas páxinas cousas que lle escoitei á propia Barbara os días que compartín con ela na Coruña.

A autora presentará o libro ao longo dun completo tour que a levará durante os meses de marzo e abril por estas cidades:

03.03.10 : Los Angeles, CA : West Coast Launch at the Hammer Museum
03.06.10 : NYC : Launch Party at the Elizabeth Sackler Center for Feminist Art at the Brooklyn Museum
03.11.10 : Ann Arbor, MI : Screening and Signing at Dept of Screen Arts & Culture, University of Michigan
03.16.10 : NYC : Discussion with Hilton Als at KGB Nonfiction Series
03.17.10 : NYC : Event with CLAGS at Performance Studies Studio, NYU
03.27.10 : London : Launch Party at British Film Institute
03.28.10 : London : Screening/Talk at Queer Surrealists Series at Tate Modern
04.10.10 : Toronto : Book Launch/Performance/Panel at the Experimental Film Congress & Images Festival
04.15.10 : San Diego, CA : Presentation at UCSD VAF Performance Space
04.17.10 : San Francisco, CA : Screening/Talk, SF Cinematheque Crossroads Festival at the Victoria Theatre
04.21.10 : Portland, OR : Reading at Reading Frenzy
04.23.10 : Portland, OR : Screening and Reading at NorthWest Film Center
04.24.10 : Seattle, WA : Screening and Reading at NorthWest Film Forum
04.26.10 : NYC : Presentation in the Queer/Art/Film Series at IFC Center

Podedes adquirilo xa no sitio web da editorial. Alén do seu debut literario, 2010 será moi importante para a Hammer pola ampla retrospectiva que lle vai dedicar o MOMA á volta do verán. O ciclo visitará logo a Tate Modern de Londres e o Museo Reina Sofía de Madrid; agardo que isto sirva para que a súa obra acade en España o nivel de (re)coñecemento que merece.

Comentarios

Comment from Martin Pawley
Date: 16 Febreiro 2010, 11:37 p.m.

Cando descarguen o PDF reparen na imaxe que aparece nas páxinas impares e que fan de “HAMMER!” un bonito flip-book.

Comment from ifrit
Date: 17 Febreiro 2010, 12:11 a.m.

Mr. Pawley, non intoxique, no cinema só hai unha Hammer http://en.wikipedia.org/wiki/Hammer_Film_Productions 😉

Comment from Martin Pawley
Date: 17 Febreiro 2010, 12:35 a.m.

Se vira a Barbara bailando cun esqueleto en “Vital signs” comprendería até que punto pode haber inesperadas conexións entre as Hammers. 🙂