Un cabalo non precisa ser unha metáfora
Guadi, Xabier e Guille, un trío de luxo nunha noite (demasiado efémera) de poesía e ciencia no Rosalía. A voz de Belén Regueira relatando a vida cotiá de Nanook o esquimó cunha poderosa ambientación sonora a cargo de Roberto Mallo e Miguel Prado. Sílvio Mendes da Associação Viver a ciência, coa que máis cedo que tarde haberá que facer cousas. A experiencia impagábel de ver Ljusår de Mikael Kristersson nunha sala baleira. Manuel Bragado, de profesión boa xente. Fran Gayo, sinto moito ter perdido o teu concerto, compañeiro. A miña sobriña Laura asistindo todos os días ás proxeccións do CGAI. Luís Martínez, un home de conversa engaiolante que fai ciencia e sabe contala. Os amigos que viñeron de fóra e os que sempre están. Oliver Laxe, astronauta lírico, creador xeneroso, canto me alegro de terte coñecido. As alumnas do obradoiro de cinema no Fórum Metropolitano que foron á conferencia de Barbara Hammer. As horas compartidas coa autora de Sanctus e Bent time, as súas verbas intelixentes, apaixonadas e agradecidas. A certeza de que un cabalo non precisa ser unha metáfora: recordos que quedan dunha semana esgotadora que non puiden gozar como quixera.
Comentarios
Pingback from Brétemas » «II Mostra de Ciencia e Cinema»
Date: 1 Novembro 2009, 7:08 p.m.
[...] tanto na confección dun interesantísimo programa (unha das tantas responsabilidades dese grande home orquestra chamado Martin Pawley que non parou un minuto durante toda a semana) como no seu funcionamento, a pesar do escaso apoio [...]
Comment from Alfredo Ferreiro
Date: 1 Novembro 2009, 8:06 p.m.
Parabéns polo traballo realizado, que foi impecábel.
Comment from O pozero
Date: 2 Novembro 2009, 10:41 a.m.
Obrigado Martin por todo! Un espléndido traballo en tempos de marusía!
Comment from M. Nine
Date: 2 Novembro 2009, 6:09 p.m.
E pena que coincidise coa «semana tráxica» senón estaríamos moito máis












Comment from drogba
Date: 1 Novembro 2009, 6:21 p.m.
Viva la gente.