Adeus ao Extrarradio

15 Setembro, 2009 (01:00) | Extrarradio, Radio

Foron perto de catrocentas as emisións do Extrarradio desde que comezou a ocupar as mañás dos sábados e domingos na Radio Galega en xaneiro de 2006. Tiven o privilexio de formar parte do programa desde o primeiro día, ao principio cunha sección de cinema e nos últimos dous anos como membro da Tertulia Cultureta, que nin se crea nin se destrúe, apenas se transforma. Paseino en grande compartindo micrófonos con Noel Feáns, María Yáñez e Grial Parga, con quen por certo teño un libro por facer, ou de palique no estudio con Susana Rois, coa produtora Concha de la Fuente, unha fenómena, ou con Xavier Facal, un técnico perfeccionista que reúne dúas grandes virtudes, gústalle o jazz e é boa xente. Deixo deliberadamente para o final aos capitáns do barco. Eduardo Herrero, coruñés de Guitiriz coma min; afirmaba Manuel María que os chairegos tiñamos o privilexio de podermos construír superlativos cos nomes comúns, así que aplícome o conto para dicirche Apertísimas, mestre! E Belén Regueira, a xefa de todo isto: supoño que ha de haber no mundo algunha persoa que faga radio mellor ca ti, mais eu non a coñezo.

O Extrarradio rematou o pasado domingo 6 de setembro. Deixa magníficos momentos, deses que duran para sempre, e magníficos amigos: máis non se pode pedir.


Despedida do Extrarradio: Play
Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from Galeguzo
Date: 15 Setembro 2009, 5:33 p.m.

Posso confirmar que todas e cada uma das pessoas mencionadas neste artigo, a começar polo escrevedor, são boa gente e magníficos profissionais, cada um no seu âmbito. Saúde e que essa energia continue transformando-se ;-)

Comment from ifrit
Date: 15 Setembro 2009, 5:54 p.m.

Home, máis sempre se pode pedir, como que continue ;)

Comment from Román
Date: 15 Setembro 2009, 8:42 p.m.

Magnífico programa que nos acompañou nestes últimos anos, parabéns a Belén Regueira e a tods/as os/as que o fixestes posíbel.

Comment from Alberto
Date: 15 Setembro 2009, 10:06 p.m.

Botámosvos de menos a todos!!

Comment from ghanito
Date: 15 Setembro 2009, 10:23 p.m.

Cantos bos momentos pasei escoitando o Extrarradio! Acharei a faltar o programa abofé.
Agardo seguir tendo a sorte de desfrutar das conversas con algúns seus perpetradores. Se cadra no futuro haberá proxectos ainda mellores de todos os que facíades o programa. É o meu desexo para todos vós e tamén para os que tiñamos o pracer de escoitalo.

Pingback from Apocalipse do porco » Extrarradio
Date: 15 Setembro 2009, 10:43 p.m.

[...] quédanme sen comentar un lote de cousas que me pasan, moitas delas sen dúbida importantes. Unha anotación de Pawley lembrame de novo hoxe que xa non os podo escoitar as mañás da fin de [...]

Comment from Carlos Rego
Date: 15 Setembro 2009, 11:15 p.m.

A Radio Galega perde un oínte (só un?) nas mañás da fin de semana. Saúdos desde Ourense a Belén, Eduardo e todos os que facían o programa. Xa vos estamos botando de menos. Volven outros tempos…

Comment from estrelas
Date: 16 Setembro 2009, 6:57 a.m.

Moitas Grazas!!!! O certo é que a moitos entrounos de novo o «pique» coa radio grazas a este programa… aínda que ter que pelexar cos players da web da CRTVG o puña dificil. Moita Merda!!

Comment from Ali
Date: 16 Setembro 2009, 8:34 a.m.

Eu non estou dolida que se acabe o Extrarradio: estou indignada. Sospenden o único programa que era capaz de desanclar o meu dial de Radio3! Estou moi desepcionada coa nova CRTVG e tamén cos outros ointes do Extrarradio: onde vai a vosa gana de pelexar polo que vos gusta?

Comment from Iria
Date: 16 Setembro 2009, 11:05 a.m.

O outro día cando sintonicei como tódolos sábados a radio Galega non estaba alí Belén Regueira, nin Eduardo, nin os culturetas. Mirei o calendario e si era sábado. E agora? O programa polo cal vos sustituíron non vos chega ós pes. Así que non me vou encabuxar porque de nada me serve.Só vou darvos as grazas por tódalas mañás que me faciades estar pegada á radio.

INFINITAS GRAZAS.

Comment from M. Nine
Date: 16 Setembro 2009, 12:35 p.m.

Ánimo.

Comment from Belén
Date: 16 Setembro 2009, 8:37 p.m.

Grazas, Martin, pola esquela tan agarimosa. Non hai que preocuparse de máis polos pasamentos, que todo fai abono, pero si se agradecerá un padrenuestriño laico polas nosas almas. Bicos a tod@s

Comment from Xosé Antón
Date: 16 Setembro 2009, 11:25 p.m.

Apertas a todos… sodes uns profesionais increibles pero mellores persoas

Comment from Martin Pawley
Date: 17 Setembro 2009, 12:02 a.m.

Grazas a todos polas vosas palabras xenerosas, por outra parte moi merecidas no que atinxen aos meus compañeiros de Extrarradio. E avísovos que de ánimo andamos ben, eu polo menos.

Comment from folerpa
Date: 17 Setembro 2009, 9:46 a.m.

Moitas grazas a todos, Martin.

Comment from Paris Joel
Date: 17 Setembro 2009, 2:08 p.m.

O «Extrarradio» foi un magnífico programa e os que o retiran da parrilla cometen un magnífico erro, ou sexa, un magnicidio.
Parabens a todo o equipo do Extrarradio, voltade axiña!!!

Comment from raquel
Date: 17 Setembro 2009, 9:41 p.m.

Gracias a todos os que fixestes Extrarradio, saúdos, e que sopren ventos favorables

Comment from chirro
Date: 17 Setembro 2009, 9:56 p.m.

Qu mala sorte! Facía tempo que non tiña fidelidade a un programa de radio. E agora vai e deixame! A miña vida xa non será a mesma!

Comment from casadarriba
Date: 18 Setembro 2009, 11:12 a.m.

Está claro que todo o que empeza tén que rematar algún día. Sen embargo aínda non era a hora do final do Extrarradio. Dáme moita pena non o poder seguir a escoitar. Noraboa para todos e todas polo traballo que fixestes. Noraboa e grazas Belén, polo teu traballo e polo teu optimismo.

Comment from concha
Date: 18 Setembro 2009, 2:40 p.m.

Foi todo un pracer enorme traballar e colaborar con todas e todos, polo tanto, moitas grazas e moito ánimo para seguir nesta viaxe tan incerta e desilusionante. Bicos

Comment from Alfredo Ferreiro
Date: 19 Setembro 2009, 12:12 a.m.

Moitas grazas de corazón a todo o equipo por tantos e tan bos momentos. Cal vai ser a seguinte?

Comment from Alfredo Ferreiro
Date: 19 Setembro 2009, 12:13 a.m.

En realidade, era Tati co usuario de Alfredo, pero tanto ten :)

Comment from Martin Pawley
Date: 19 Setembro 2009, 4:01 p.m.

Aquí lles queda este xeneroso post que escribiu hai quince días de Xurxo Sierra Veloso.

Comment from Martin Pawley
Date: 19 Setembro 2009, 4:08 p.m.

E un comentario de Grial que se perdeu polo mar de bytes; recibino no correo mais nunca chegou a aparecer publicado:

Grial 17/09/09
Don Martin, agora temos que escribir máis. Xa non temos desculpa

Comment from Maniños
Date: 20 Setembro 2009, 9:15 a.m.

Que lamentable! Están escritos nalgunha parte os motivos explícitos polos que se quita? Gustaríame
lelos e ver como se esconden os motivos verdadeiros e como traballan os grandes
mares de fondo políticos. Erades perigosos, ou? Doiades? Pinchabades?
Traiades enfermidades contaxiosas? Habíavos que quitar. Aínda que fosedes quen de atraer
un espectro de oíntes que nunca tivo a Radio Galega e ao que agora volve renunciar
voluntariamente porque non se lle vai das mans. Unha radio que prefire deixarse quedar
na flacidez e no conformismo. Patético. Pero é o que queren. Ou peor: como se diría na linguaxe
política: «É o que queren os galegos».
Botarei en falta a Belén. Temos unha auténtica xoia nela.

Comment from mari carmen
Date: 5 Outubro 2009, 3:58 p.m.

foi xenial poder participar no mellor programa das ondas galegas. Aínda non vai un mes dende que rematou e a súa falta nótase cada fin de semana! sodes os mellores!

Olark Livehelp