Karl Malden (1912-2009)
Os seus dous traballos con Elia Kazan e Marlon Brando, A streetcar named desire e On the waterfront, serán seguramente os títulos que máis se repitan mañá nas homenaxes ao gran Karl Malden, mais hai unha morea de filmes polos que poderiamos lembralo. Por Kiss of death (Henry Hathaway, 1947), Ruby Gentry (King Vidor, 1952), I confess (Alfred Hitchcock, 1953), Birdman of Alcatraz (John Frankenheimer, 1962), o biopic sobre Robert Stroud que a Robert Stroud non lle deixaron ver, ou a impagábel elexía á nación india Cheyenne autumn (John Ford, 1964). A comezos dos setenta fixo películas con Dario Argento e co español Antonio Isasi-Isasmendi, e xusto despois a súa popularidade reverdeceu grazas a unha serie de televisión. Acaba de morrer na súa casa de Los Angeles aos 97 anos de idade. Modélico coma sempre o titular do New York Times: Karl Malden, everyman actor.
Birdman of Alcatraz (John Frankenheimer, 1962)
Comentarios
Comment de jorge
Data: 2 xullo 2009, 6:38 am
Tamén fixo de Sheriff Dad Longworth (Pat Garrett) en One-Eyed Jacks, aquelo no que estiveron metidos Peckimpah e Kubrick e que ó final rematou o propio Marlon Brando, un dos poucos westerns nos que sae o mar, e que poética a escena, moi moi bonita.
Comment de Syldavija
Data: 2 xullo 2009, 10:02 am
Eis a vila en Herzegovina onde naceu o pai de Malden: http://en.wikipedia.org/wiki/Bile%C4%87a















Escribe un comentario