Política lingüística e found footage, capítulo II

25 Xuño, 2009 (01:30) | Cinema, Escritores, Internet, Lingua, Política

XORNAL DE GALICIA: Galicia Bilingüe usou imaxes de ‘Chicken Run’ sen permiso – A produtora do filme de animación anuncia que «investigará» o caso e que «tomará medidas» para «retirar» o vídeo propagandístico da circulación [Ler artigo completo]

Cando vin o vídeo do que lles falei onte o primeiro que pensei foi que sería unha boa idea mandarlle un correo á xente dos Aardman Studios para saber se tiñan coñecemento do curioso uso que algúns estaban a facer dun filme da produtora. O meu amigo Jairo Dorado tivo a mesma idea, alá en Saraievo. Recibiu resposta da Aardman en poucas horas, dous amábeis correos que agradecían o seu interese e prometían firmeza ante un uso non autorizado de imaxes con copyright. Admirábel a súa dilixencia, si señor.

Aproveito a ocasión para recomendarlles os traballos de Martin Arnold, que nisto do found footage ten moita máis arte que Gloria Lago.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentarios

Comment from M.Nine
Date: 26 Xuño 2009, 12:45 a.m.

Delirante!!

Olark Livehelp