Oito doas por San Simón

«Ás veces, a min e aos meus compañeiros de profesión, chámannos «escritores periféricos» ou «localistas», porque escribimos desde Galicia e en galego. Esquecen que un escritor nunca é periférico, que o centro do mundo sempre está na súa mesa de traballo. O proceso de creación non sabe de periferias, do mesmo xeito que a lingua que usamos sempre é a ferramenta idónea, malia os problemas sociolingüísticos que poida ter. Un escritor sempre traballa desde o centro do mundo, o seu labor é sempre universal se hai a vontade e a calidade para que así sexa. Se puede ser provinciano en el centro de Nueva York, se puede ser universal en una aldea de los Andes, escribiu un lúcido Octavio Paz. Desde calquera lugar onde escriba, desde a lingua en que o faga, un escritor diríxese sempre a toda a humanidade».
Agustín Fernández Paz no seu discurso como mantedor literario dos Premios Xerais 2009. E claro, claro que ao escoitalo aplaudimos postos en pé. Se non nos poñemos en pé por Agustín, por quen o habemos de facer?
Comentarios
Pingback from Os Premios Xerais 2009 nos blogs « Xerais blog
Date: 8 Xuño 2009, 10:23 a.m.
[...] “Oito doas para San Simón” Días estranhos (Martin Pawley): Agustín Fernández Paz no seu discurso como mantedor literario dos Premios Xerais 2009. E claro, claro que ao escoitalo aplaudimos postos en pé. Se non nos poñemos en pé por Agustín, por quen o habemos de facer? [...]












Comment from Ferdinand Von Galitzien
Date: 7 Xuño 2009, 4:56 p.m.
Ah, que grande pracer aristocrático é lér, e os máis afortunados, escoitar, tan lúcidas reflexións de Herr Fernández Paz nestes complicados tempos de prexuizos e parbadas lexicográficas várias espalladas éstas, grazas a altofalantes miserentos e certamente populares…
Noutrora, ás sabias verbas de Herr Paz mesmo eran comprendidas dentro da pluralidade cultural hispánica, asentidas e consentidas, aceptadas ou mesmo superadas, máis durante os últimos anos os chanzos que se están a dar en cuestión de línguas «oficiais» é certamente retroactivo, preocupante e moi perigoso, mesmo coma a faixa dunha repoluda herdeira teutónica xermánica a piques de estoupar.
Herr Graf Ferdinand Von Galitzien