Colleita española (Cinema no Fórum, maio 2009)

14 Maio, 2009 (12:00) | Sen clasificar

Hai apenas uns días que rematou a edición número doce do Festival de Cine de Málaga, exclusivamente dedicado ao cinema español e que leva anos convertido no gran punto de reunión da industria do estado. Dentro da súa exhaustiva programación sorprendía a presenza dunha sección titulada El otro cine español, composta por un pequeno ciclo de só catro longametraxes e dúas sesións de curtas que incluía traballos de José Luis Guerín, Pere Portabella, Albert Serra, Daniel Villamediana, Isaki Lacuesta e Gonzalo de Lucas. No texto de presentación falábase deles coma dun cinema “raro, minotario, experimental”, un “gran descoñecido” que porén é o que máis e mellor se coñece fóra das nosas fronteiras, alén dos xa ben asentados Almodovar, Amenábar ou Isabel Coixet.

Mais… ten sentido realmente falar de “outro cinema”? Cal é, entón, o cinema español prototípico, o maioritario, o que non é “o outro”? Hai en España un cinema de consumo popular masivo ben definido, que ateiga as salas de espectadores, en oposición a un cinema de intencións artísticas? [Ler artigo completo]