Gaiak, Arte e Natureza

16 Abril, 2009 (00:56) | Sen clasificar

Hoxe xoves 16 de abril ás 19:30 inaugúrase esta exposición na Fundación Huarte Buldain en Huarte (Navarra):

gaiak-1

Comisariada por Iñaki Arzoz e Blanca Oria, Gaiak. Arte y Naturaleza contén obras de once artistas plásticos (Jabier Moreno, Leopoldo Ferrán e Agustina Otero, Alfredo Murillo, Patxi Aldunate, Carlos Irijalba, Gentz del Valle, María Jiménez, Pedro Marco, María Cueto e Patxi Alda) e unha programación que inclúe conferencias, encontros con artistas e proxeccións: o 29 de maio a máis recente obra mestra de Werner Herzog, Encounters at the end of the world, e ao día seguinte pola mañá unha sesión con tres curtametraxes galegas. Se queren saber cales son, bótenlle un ollo a este PDF.

Comentarios