A Coruña Son 2009 remata cun gran concerto final
Mañá sábado 28 de febreiro ás 20:00 no Paraninfo da Universidade da Coruña (edificio do Rectorado, na Maestranza) terá lugar o concerto final co que remata a edición 2009 do obradoiro de cancións A Coruña Son, dirixido polo cantante e compositor Santiago Auserón e organizado polas Concellarías de Cultura e de Mocidade do Concello da Coruña co obxectivo de fomentar, descubrir e promocionar novos autores e autoras de canción popular en galego. O concerto estará conducido pola cantante Uxía Senlle e nel intervirán os creadores e creadoras das dez cancións seleccionadas:
Ángeles Dorrio: O cativo [1]
Fracasados de antemano: Menezes [2]
La Pelvis: Psicomuiñeira [3]
Magritte: Alpinista [4]
Marisol Manfurada: Instinto básico [5]
Maus vizinhos: Gira caindo [6]
Pulpiño Viascón: Quérote na praia do Orzán [7]
Sandrísima: Tic tac [8]
Sergio Zearreta: Fincapé [9]
Supersound: Onde estás [10]
As dez finalistas e todas as cancións que se presentaron ao certame poden ser escoitadas e descargadas na web do certame. A entrada ao concerto é libre até completar o aforo.
Comentarios
Comment from Martin Pawley
Date: 27 Febreiro 2009, 4:47 p.m.
Si, a primeira edición foi en 2008.












Comment from merk
Date: 27 Febreiro 2009, 4:46 p.m.
Esta é a segunda edición?