Obama
«Recuerda que eres humano», titula Ignacio Escolar un artigo que reflicte ben ese espazo entre a realidade e a utopía tan ilusionante coma fantasmagórico no que se moven os discursos do xa presidente dos Estados Unidos. O racional é sermos cautos e non botar as campás ao vento, abofe que si, mais recoñezo sentir un arreguizo de emoción ao escoitar palabras coma estas:
To the people of poor nations, we pledge to work alongside you to make your farms flourish and let clean waters flow; to nourish starved bodies and feed hungry minds. And to those nations like ours that enjoy relative plenty, we say we can no longer afford indifference to suffering outside our borders; nor can we consume the world’s resources without regard to effect. For the world has changed, and we must change with it.Aos pobos das nacións máis pobres, comprometémonos a colaborar convosco para facer que as vosas granxas florezan e que flúan augas limpas; para darlle de comer aos corpos desnutridos e alimentar as mentes famentas. E a aquelas nacións que coma a nosa gozan de relativa abundancia dicímoslles que nunca máis poderemos permitir a indiferenza ante o sufrimento fóra das nosas fronteiras, nin podemos consumir os recursos do mundo sen preocuparnos polas consecuencias. Porque o mundo cambiou e nós temos que cambiar con el.
Se a Historia acaba demostrando que estas palabras son mentira quedaranos o consolo de que é unha mentira ben fermosa.
Comentarios
Comment from Cesare
Date: 21 Xaneiro 2009, 9:47 a.m.
I agree,
Comment from peke
Date: 21 Xaneiro 2009, 10:51 a.m.
Esperemos que non sexan mentira.
Comment from cossimo
Date: 21 Xaneiro 2009, 4:55 p.m.
Se Cesare está tan ilusionado entón é que o xapresidente non pode ser bo para o mundo.
Por outra banda, xa viron quen son os seus principais valedores?
E por qué hai tantos ateos declarados que se derreten cun discurso tan Domund?
Comment from Martin Pawley
Date: 21 Xaneiro 2009, 10:33 p.m.
Supoño que porque non estamos afeitos a que nun discurso de investidura se fale do sufrimento de terceiros, e se digan cousas como «volveremos poñer a ciencia no lugar que lle corresponde». O dito, seguramente sexa mentira, mais postos a mentir prefiro que me inventen contos de paz e non de guerra.
Comment from ambrosiano
Date: 22 Xaneiro 2009, 10:40 p.m.
A suma de moitas mentiras como esa pode crear unha grande verdade. Aínda que a semántica vaia por camiño diferente á realidade. Talvez niso consista a esperanza.
Comment from Cesare
Date: 23 Xaneiro 2009, 8:44 a.m.
cossimo, mola saberse como proba a contrario.
Comment from cossimo
Date: 23 Xaneiro 2009, 8:19 p.m.
Relax, darling. Antes está Pilar Rahola. Dous egos desbocados.
Comment from ghanito
Date: 24 Xaneiro 2009, 12:12 p.m.
Pois iso digo eu, cossimo, xa que non temos arte nen parte na votación do candidato e pola contra somos direitamente influidos polos seus actos, o mellor é relaxarse e tentar desfrutar mentras poidamos, que tempo haberá de lamentar a nosa inocencia previa, porque total de nada vai valer que botemos pestes de Obama o primeiro día.
Deamoslle cando menos os tradicionais cen días.













Comment from ghanito
Date: 21 Xaneiro 2009, 7:18 a.m.
desfrutemos coma parvos que tempo teremos de ser descreidos se todo é mentira.
Eu son Barack Obama?