Os lectores de Fervenzas Literarias elixen o mellor de 2008

12 xaneiro, 2009 (01:17) | Internet, Literatura

Até o venres desta semana teñen oportunidade de elixir o mellor de 2008 no eido da literatura na votación convocada pola xente de Fervenzas Literarias. Aquí lles deixo a miña selección:

Mellor libro de narrativa adultos do ano: Festina lente de Marcos S. Calveiro
Mellor libro para adultos traducido ao galego do ano: O xiro postal de Ousmane Sembène
Mellor libro xuvenil do ano: O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. Docampo
Mellor libro infantil e xuvenil traducido ao galego do ano: Negros e brancos de David McKee
Autor/a do ano: Xabier P. Docampo
Mellor ilustrador/a do ano: Xosé Cobas
Mellor portada adultos do ano: Mal de escola de Daniel Pennac
Mellor portada infantil/xuvenil do ano: O libro das viaxes imaxinarias de Xosé Cobas
Mellor editorial do ano: Edicións Xerais
O mellor acontecido no 2008: o Premio Nacional de LIX a Agustín Fernández Paz
Mellor libraría: Andel Virtual
Mellor medio de comunicación: Radio Galega
Mellor blog: As túas balas

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Comment de Mamachicho
Data: 12 xaneiro 2009, 9:00 pm

Nada que obxectar pero… Xerais a mellor editora do ano????

De tomarmos a relación títulos publicados / impacto dos mesmos ou política editorial / orzamento editorial penso que hai moitas editora moito mellores e arroutadas en Galiza.

Comezo a sufrir dunha paranoia, cando escoito de premios a Xeral ou Galaxia, teño está música na cabeza…. http://www.youtube.com/watch?v=m7CuMMl5WRc

Comment de Martin Pawley
Data: 12 xaneiro 2009, 11:57 pm

Si, sen dúbida hai outras editoras moi arroutadas e que fan un labor de moito mérito. Elixín Xerais de maneira moi natural: porque é esa editorial a que lanzou a maioría dos libros en galego que me gustaron no 2008. Os de Marcos e Xabier xa citados, a prodixiosa “Mal de escola” de Daniel Pennac, “Negros e brancos” de David McKee (un libro que debera ser obrigatorio mercar), as reedicións de “Venres ou a vida salvaxe” na colección Xabaril…

Escribe un comentario